COPIAN EN GALICIA LAS ABERRACIONES DEL GIJÓN ROMANO

17:53 0 Comments


En la imagen de arriba el "asombroso" recrecido con ladrillos de la supuesta muralla romana de Gijón y digo supuesta porque no hay prueba alguna de que sea romana y no medieval. 

Y en la imagen de abajo unos alumnos aventajados en Galicia copiando el modus operandi de los paracaidistas de Cantoblanco.




HISTORIA DE GALICIA


Unha horrible muralla de ladrillo levantada noutra fermosa muralla de pedra. E non nun lugar calquera, senón na muralla dun castelo medieval protexido; o do Bolo. Por iso, desta volta, esta desfeita non quedou impune e a Comisión Territorial de Patrimonio de Ourense ordenou a súa paralización e decretou a reposición da legalidade urbanística.
Este organismo confirmou que a obra iniciada carece da obrigada licenza municipal, polo que solicitou ao Concello do Bolo a adopción de dúas medidas cautelares: “A paralización da actuación e a reposición dá legalidade urbanística”.
Sen embargo, isto non significa que esta aberración urbanística vaia ser solucionada. E é que todo depende do expediente aberto. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria explicou que a incoación da reposición da legalidade é unha competencia do Concello e que antes haberá que resolver o expediente contraditorio. Este expediente permitirá determinar se as obras son, ou non, legalizables segundo a actual Lei do Solo de Galicia. “Ate finalizar completamente este proceso non pódese anticipar que vai a acontecer coa obra”, suliñou Patrimonio en declaracións a La Región.
En calquera caso, toda a tramitación administrativa referida a esta actuación será realizada de forma coordinada entre Patrimonio e o Concello, segundo indicaron fontes da Consellería de Cultura. Tamén o alcalde bolés, Manuel Corzo, anunciou recentemente a orde de paralización da obra mediante o envío dunha carta ao particular que promove a construción da polémica parede.
A torre ou castelo do Bolo
Localízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.

O antigo castelo posuía planta rectangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival. A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Ademais, consérvanse outros elementos como o alxibe e murallas co adarve.

NEVILLE RESISTE A LA PLAGA

Historia y Arqueología. Divulgando la Historia desde 1998. Bienvenidos a la Cultura.

0 comentarios: